venres, 20 de setembro de 2019

Estou moi preocupada

¿Sabedes que nesta semana hai moita xente en todo o mundo que se vai mobilizar polo planeta? #teachers for future Spain

No hay descripción de la foto disponible.

É que o que está a pasar tenme moi preocupada, entre o plástico que está por todas partes e o pouco que lle parece importar a moita xente o que acontece, dende esta a miña Lagoa quero facer un chamamento para que colaboremos e fagamos ver que nós si que estamos preocupados e que ímos loitar por un mundo mais sostible.
Por iso temos agora nas aulas cubos para a reciclaxe e así poder colaborar cun mundo onde as tres R sexan as nosas aliadas! ¡¡¡Mirade senón o que lle pasou a unha curmá miña!!!

Resultado de imagen de la rana de tres ojos
 Bicos mollados.

Rosalía.

mércores, 11 de setembro de 2019

¡¡¡BENVIDO TODO O MUNDO!!!

Olaaaaa!!!!! Menos mal que xa estades de volta no colexio. 



¿Gustouvos a sorpresa da entrada? É que este ano imos investigar e aprender moito dos Xogos Olímpicos e mesmo faremos nós uns. ¿Que vos parece?
No verán tiven tempo de argallar moitas cousas, de ler, de facer algunha escapada fora do colexio e de facer exercicio, como non, pero do que estou mais contenta é de que xa poidamos estar de novo xuntos.

Teredes pronto novas dende a Biblioteca.

Bicos Mollados.
Rosalía.