martes, 28 de xaneiro de 2014

A nosa biblioteca do Anexo a Lomba

Bos días!
Hoxe preséntovos outras zonas de ler que temos no noso cole do Anexo a miña lagoa.
Espero que aqueles nenos e nenas que traballades nelas o pasedes moi ben e que disfrutedes da pasión pola lectura.....









luns, 27 de xaneiro de 2014

Contacontos na biblioteca da Lagoa de Rosalía

Boas de novo!! Acábanme de dicir que o próximo mércores 29 ás 17:00 vou ter unha visita dunha contacontos que vai leer: "A cebra Camila"
Animádevos a vir, que será un momento moi divertido!!!! 
E non olvidedes ser puntuais que senón perderedes parte da historia. 
Ah, se sabedes dalgunha mestre ou mestra ou familiar (pai, nai, avó, avoa...) que conten contos moi ben e se animen a vir de contacontos escribide a: 
biblioteca.rosalia@gmail.com



Moitas grazas por esta visita (tanto aos pais, mestras, nenos e nenas) !! 

Vémonos o mércores 29 ;)  

Rosalia

O Día da Paz

Bos días! Está preto o día 30 de xaneiro. Quen sabe que se celebra este día?
Pois, o día da Paz, no cal a mensaxe básica é:
"Amor universal, Non - violencia e Paz. O Amor universal é mellor co egoismo, a Non - violencia e a Paz é mellor ca guerra"
Así, este día quérese recordar a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordancia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non - violencia e a paz. Ademáis, de celebrar o aniversario da morte do Mahatma Grandhi, líder espiritual de India, asesinado en 1948.

A continuación mostro algúns dos recursos que existen na web para a celebración deste día:



Actividades para a pizarra dixital:


Vídeos:

- Conto do día da Paz e da Non violencia:


- Conto de "El hombrecillo de papel":



Videos para o respecto polas diferenzas:
* "Por cuatro esquinas de nada"

* "El cazo de Lorenzo" Lingua de signos

Espero que o pasedes moi ben este día e disfrutedes cos materiais que tedes na miña lagoa.
E recordade pensade e xogade sendo uns bos aliados da Paz.


Saúdos,
                                                      Rosalía





O Nadal estivo na nosa biblioteca

Este Nadal fixemos unhas fermosas postais, contos e cómics sobre esta época do ano. Como podedes ver a continuación:






Na nosa entrada tivemos unha serie de libros recomendados para estas datas: