venres, 30 de outubro de 2020

Samaín no centro ¡Que medo!

 Nestes tempos de medo, os alumnos de 4º da Lomba estiveron a traballar aprendendo cousas sobre a casa das mil ventás e velaiquí o resultado do seu esforzo. Os medranas que non o miren!!


 Casa das 1000 ventás (premede aquí)

Se ides á páxina web do centro veredes moitas máis actividades.

 

Bicos mollados

Rosalía

luns, 26 de outubro de 2020

Quecendo motores para o Samaín

 Xa temos nos expositores unha pequena mostra de lectura para o Samaín. Isto mete medo!!!



Bicos mollados

Rosalía

mércores, 14 de outubro de 2020

A ver se sabedes que estamos a argallar...

 Estamos preparando uns paneis na biblioteca, de plástico, con cadriños... ¿¿para que serán?? ¿que serán esas cousiñas que están enriba dos paneis?




¡Pois ROBOTS na biblioteca! pronto estarán funcionando e á disposición de todo o mundo. Estade atentos/as.


Bicos mollados

Rosalía