mércores, 30 de setembro de 2020

Entrega de diplomas do Voluntariado

 Chegaron ao colexio os diplomas do voluntariado do curso 2019-20 e llos repartimos aos alumnos/as que aínda están no colexio. Aquí os temos coas mochilas de agasallo e gardando as distancias. Xa llos mandaremos aos que xa marcharon ao instituto, que non han de quedar sin eles.



Bicos mollados

Rosalía





venres, 25 de setembro de 2020

Vive a túa Vila

 Neste ano, xa que non imos poder facer moitas saídas e viaxes, decidimos investigar un pouco máis sobre a nosa Vila, porque cambiou un mundo nos últimos 100 anos. Como mostra unhas instantáneas para saber e tentar recoñecer varias zonas da nosa Vilagarcía.


¿Canto aprenderemos? Seguro que moito, iremos poñendo aquí parte das investigacións para que todo o mundo poida aprender.

Bicos mollados

Rosalía

venres, 11 de setembro de 2020

PROTOCOLO COVID-19

 Debido ás restriccións sanitarias deste novo curso, aquí queda a nova normativa de uso da biblioteca.

  • O alumnado debe hixienizar as mans con xel hidroalcohólico antes e despois da estancia na sala.

  • O aforo da mesma será de 13 alumnos/as en cada sala.

  • É obrigatorio o uso da máscara de protección en todo momento.

  • Non poderán estar sós na biblioteca, sempre haberá un mestre/a con eles.

  • Os libros non poderán ser manipulados libremente. Se se le na sala, o mestre/a será o encargado de entregarllo.

  • O préstamo farase solicitando un exemplar da estantería ou elexíndoo a través do portal Meiga.

  • Os libros devoltos introduciranse nunha caixa de plástico onde pasarán a corentena de 3 días, e o persoal da biblioteca transcorrido ese tempo, colocaraos de novo nos andeis.


  • Retiraranse as alfombras do chan para así facilitar a limpeza e desinfección do mesmo.

  • Os postos de lectura e traballo estableceranse de tal xeito que non queden de fronte uns aos outros e que haxa separación dunha cadeira á seguinte do lado, no caso da Lomba, no Anexo posto que as mesas son redondas pero grandes, suprimirase unha cadeira en cada mesa para que haxa separación lateral, posto que a de fronte xa existe. Ao rematar deberanse hixienizar tanto as cadeiras como as mesas, ben cun spray, ben cun pano húmido que se desbotará na papeleira con tapa, disposta para tal uso.

  • Os ordenadores tamén serán hixienizados despois do seu uso.

  • Os xogos de mesa e todo o espazo fedelleiro, non se poderá usar cando sexan de uso compartido e unha vez manipulados, ben se hixienizarán, ben pasarán a estar nunha caixa de corentena 3 días.


A biblioteca da Lomba conta con dúas portas, unha será de entrada e outra de saída. Estas portas estarán sinaladas con carteis para que o alumnado o vexa claramente. Os alumnos entrarán por unha e sairán pola outra.

No Anexo tomaranse as mesmas medidas, utilizando a única porta para entrada e saída.


Para evitar a convivencia entre alumnado de diferentes grupos e niveis, a biblioteca deixará de ser utilizada como espazo de lecer durante os recreos.


A biblioteca será utilizada en horas de clase, como espazo de traballo, lectura e procura de información, onde o alumnado será acompañado en todo momento polos seus profesores/as e se establecerá un horario de uso semanal, que permita a súa organización.


Posto que hai coleccións de libros repetidos, os titores/as poderán levar os exemplares as súas aulas para poder entregarlle un a cada alumno/a para as lecturas grupais, e que pasarán tamén por unha corentena de 3 días ao rematar o seu uso.


No edificio da Lomba, en primaria, continuarán co uso das mochilas viaxeiras, pero unha vez devoltas, pasarán unha corentena de 7 días antes de seren enviadas de novo a outra casa, posto que está composta de diferentes materiais.

 

Aprendede ben estas novas normas e gozade da Biblioteca.

Bicos mollados.

Rosalía

xoves, 10 de setembro de 2020

¡¡Xa estamos de volta!!

                                 Benvido todo o mundo. 


 

Que sorte que xa estades aquí de novo e o colexio está cheo de vida.

Este ano as cousas mudaron un pouco, xa non imos poder estar todos e todas xuntiños, collendo libros a eito, mirando como estabamos acostumados, porque xa sabemos que anda por aí tamén o Covid-19 e temos que ter cabeciña tamén na biblioteca. Xa vos contaremos as novidades máis polo miudo.


Bicos mollados 2020-2021

Rosalía