venres, 27 de novembro de 2020

A Lomba en negro

 En colaboración co departamento de orientación e o equipo de igualdade do centro, a orientadora foi polas clases de 6º cuns vídeos para facer pensar ao alumnado sobre a violencia de xénero e cunhas propostas moi interesantes. Pouco a pouco, van ir lendo contos cos que traballar estes temas e vanlles por voz, ademais de poñer pictogramas para que todo o mundo poida entendelos. O primeiro destes contos foi "Vivan las uñas de colores" ao que lle puxo voz 6ºA. Despois de ver o resultado, os alumnos de 6ºB quixeron facer como Juan, o protagonista deste conto, e traer as uñas pintadas ao colexio. ¿A que están guapas e guapos?




Pois aquí vos queda o conto tamén.


Vivan las uñas de colores

 

Bicos Mollados

 

Rosalía

martes, 17 de novembro de 2020

Rexeitando a Violencia de Xénero

 O alumnado da Lomba ven de publicar na páxina web do centro un traballo de percusión para rexeitar deste modo todo o que ten que ver coa violencia de xénero.

¡¡Que ben o fixeron!! ¿Non si?


Bicos mollados

Rosalía

martes, 10 de novembro de 2020

As profesoras tamén aprenden

 Velaiquí parte do profesorado do colexio aprendendo tamén como usar os robots que chegaron ao colexio. Aprender é un proceso que nunca remata e como mostra estas fotiños.





Bicos mollados


Rosalía

xoves, 5 de novembro de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS SAÍNDO DO COLEXIO

 Aquí están, xa as temos listas, preparadas para comezar a andaina nos vosos fogares.

Agardo que vos gusten.

 

Bicos mollados

Rosalía