sábado, 30 de marzo de 2019

CONTACONTOS ACTÍVATE NO ANEXO

Nesta semana as persoas maiores que participan no programa da vila Actívate,  viñeron ao Anexo a nos contar distintos contos e anécdotas da súa infancia. 
Case toda a semana estiveron por aquí falando cos distintos cursos.
Os alumnos pasárono moi ben e cremos que eles tamén. Gustaríanos repetir esta actividade o ano que vén para seguiren a fomentar o contacto entre diferentes xeracións.






 Bicos Mollados.
Rosalía







xoves, 28 de marzo de 2019

27 de marzo, Día Mundial do Teatro.

E coma non podía ser doutro xeito, cada clase puxo o seu gran de area para que outra rama da literatura entrase nas aulas. No expositor puxemos unha escolma de textos da biblioteca para que, coma no caso da poesía, durante o plan lector desa semana se usaran e desfrutaran, facendo pequenas lecturas en voz alta para que o verme do teatro entrara nas aulas e xurdan novas propostas para traballar.



  Día do teatro

Bicos mollados.
Rosalía

mércores, 27 de marzo de 2019

Arte na Rúa.

A Deputación de Pontevedra organizou por toda a provincia "Mulleres en acción" manifestacións de arte e as mulleres falando da Non violencia machista. Os nosos alumnos de 5º foron ata alá e participaron, como non podía ser doutro xeito tendo ademais en conta o noso PDI e pintaron cunchas de vieira para pola parte que non se vía poñer lemas e mensaxes que serían levantadas para ser partícipes desta actuación "Venus" proposta por Luz Darriba. Ademais de pintaren as cunchas e posto que de banda sonora do evento soaban Guadi Galego, Ses e Rozalén entre outras, aproveitaron para voltar signar a canción "La puerta Violeta" que aprenderan cinco meses antes.

Aí vos queda unha pequena mostra.



Bicos mollados .
Rosalía


luns, 11 de marzo de 2019

Axudantes do Vol-A na biblioteca

Boas tardes:

¡¡¡Teño unha chea de axudantes na lagoa!!!!  E boa falta fan, que coa remodelación da biblioteca temos mooooooito traballo. Ademáis estrean  petos para que saiba todo o mundo quen son, iso sí, non están todos na foto, pero todos os que están, son.



Bicos mollados.

Rosalía.

sábado, 9 de marzo de 2019

8 de marzo. Día da Muller.

¡¡¡¡¡Ola!!!!!  Para este 8 de marzo, dende o equipo de igualdade do centro quixeron facer visibles a tantas e tantas  mulleres que ao longo da historia moitas veces foron ignoradas. Esta visibilización fíxose coa participación tanto de mestras como de persoal non docente do centro nunha "campaña" na que reproduxemos fotos ou imaxes delas disfrazándonos e despois poñendo en pequeno o orixinal xunto co nome. O alumnado, mirando estas fotos, elexiu a unha ou varias mulleres e por cursos fan investigación para saber quen eran e poñerlles ao lado unha pequena biografía.
O noso expositor, cheo de libros sobre as mulleres, non para!!!!!! Está sendo usado para acadar parte desa información xunto coas TIC's. ¡¡Que gusto da ver tanta participación!!



8 de marzo 2019

Bicos Mollados

venres, 1 de marzo de 2019

Danzas do Mundo no Colexio

Esta semana dentro do noso PDI tivemos a sorte de contar coa Asociación Pes de Barro que tivo a ben ensinarlle ao noso alumnado Danzas de Arredor do Mundo. A cada nivel, ciclo, do continente que estamos a traballar para así unir á música, a arte traballada neste trimestre, coa danza, e facer que se movan os corpos e se rompan barreiras que nalgunhas idades, tontamente empezan a aparecer.
Viva a música!!!! e os bailaríns!!!



Bicos mollados.
Rosalía