venres, 28 de outubro de 2022

Radio Ondiñas

 Dentro do noso PDI sobre os medios de comunicación, temos nestes días no colexio unha exposición de cartelería e de aparellos de radio e máis magnetófonos antigos, que o persoal de Radio Ondiñas  trouxo para que puidéramos aprender un pouco sobre “A Radio” e un pequeno vídeo onde nos mostran como as ondas viaxan polo aire de diferente xeito se falamos de onda curta, media ou frecuencia modulada. Aquí tedes a alumnado de 3º visitando a exposición, como tamén celebramos o Samaín, vémolos cos disfraces postos, non vos asustedes.

Son moi interesantes e o noso alumnado está a aprender un monton de cousas. Ademais os de 6º están a preparar un programa de radio que se vai grabar no ximnasio e no que se entrevistará a moita xente, polo de agora non poido contar máis. 🙊



 
Bicos mollados.
Rosalía

xoves, 27 de outubro de 2022

Debullamos contos de novo

 Olaaa!

¡Que contenta estou! Xa comezou de novo o club de lectura e como non podía ser doutro xeito, xa que os de 4º de este ano estaban esperando como tolos poder participar no noso club, foron os primeiros desta nova tempada.

Aproveitando que a biblioteca está toda decorada, entraron as escuras, so iluminados polas cabazas lanternas que alí os agardaban... unha vez sentados, unha música empezou soar... 🎼🎶🎵 Preme aquí

Rapidamente imaxinaron con quen tiña que ver o libro que ían ler e os berros de emoción fixeron pensar que algo de moito medo estaba a suceder alí dentro. "Harry Potter e a Camara secreta" é o título escollido para dar comezo a este club. Algún xa non quixo agardar a que rematara a reunión e comezou lelo sen escoitar nada máis😂😂😂

Aquí os temos nesta nova andaina, esperamos que lles preste a lectura.


Bicos mollados.

Rosalía

mércores, 26 de outubro de 2022

A biblioteca está a mudar de aspecto. ¡Que medo!

 Parte do voluntariado estivo a decorar a biblioteca para que metera un pouco de medo. Temos todo cheo de vampiros, arañas, fantasmas, cabazas, esqueletes, sangue... e cartelería coa que pasaron moitos recreos para que luza así de ben.


 


Bicos mollados.

Rosalía


luns, 24 de outubro de 2022

Día das bibliotecas

 Olaaaa!!

Hoxe, 24 de outubro é o Día das Bibliotecas e arrincamos a viaxe das nosas "Mochilas Viaxeiras" da man dos nosos voluntarios/as. Foron polas aulas explicando o seu funcionamento, por se alguén dende o curso pasado o esquecera e a presentar de novo que os luns e xoves que baixemos ao patio poñeremos en funcionamento o bibliopatio. Por mor da choiva, non puidemos estrear o noso "Bibliopatio", pero en canto escampe, sairá ao recreo de novo.







Graciñas a todos eles.

Bicos mollados.

Rosalía

xoves, 20 de outubro de 2022

Achégase o Samaín!!

 Dentro de moi pouco estaremos a celebrar o Samaín e a biblioteca, como non, quere que teñades xa á vosa disposición unha chea de contos moi adecuados a estas datas. ¡¡¡Desfrutade!!!

Bicos mollados.

Rosalía


mércores, 19 de outubro de 2022

Xa temos aos voluntarios/as traballando

 Despois de varias reunións onde Mariel lle explicou ao alumnado de 5º e 6º da Lomba que ofertabamos de novo a participación como voluntarios da nosa Lagoa, e que estes levaran o contrato de participación ás casas, comezamos a nova andaina.

Hoxe estiveron de 5º A axudando para poder poñer en funcionamento o Bibliopatio e as mochilas viaxeiras, que arrincarán o luns 24 coincidindo co Día das Bibliotecas. O que tal traballaron neste recreo!!! Daba xenio miralos/as.

 



Graciñas pola vosa axuda.

Bicos mollados.

Rosalía