domingo, 31 de xaneiro de 2021

¡¡XA ESTÁ AQUÍ!!

 ¡Que contenta estou! Xa teño na miña lagoa o vídeo de moitas das cousas que fixestes estes días para celebrar o Día escolar da Non Violencia e Paz. 

Canto cariño se ve nas apertas dos irmáns e irmás do colexio, que son os únicos que poden estar tan xuntiños nestes tempos de manter distancias e ter mascarillas postas. 

Vese coma os robots van formando parte dos nosos centros, e iso que vos teño que confesar que ao principio tiña un pouco de medo de velos movéndose pola biblioteca... Agora xa somos amigos😁

Tamén quero darlle as gracias á familia María Fumaça por nos permitir usar a súa canción no noso vídeo, pois agora a canción xa é un pouco parte de nós.

Ademais, a de cousas que temos nesa canción que forman parte de "Vive a túa Vila". A ver quen recoñece cousas que aparecen no vídeo, que podemos atopar por Vilagarcía adiante (mar incluído)!!

Desfrutade do vídeo que grazas á profe Elena podemos ter tan rápido na nosa lagoa.




Bicos mollados

Rosalía

venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Benqueridas familias:

O venres 29 de xaneiro celebramos no centro o “Día Escolar da Paz e Non Violencia ” Coma sempre que se traballan nas aulas estes conceptos, lembramos que “Paz” tamén é compartir.

Nestes momentos de pandemia, con tantos traballos en precario, sabemos que hai xente que o está a pasar moi mal, polo que queremos levar a cabo unha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros, que despois repartirá Cruz Vermella dentro dunha campaña na que xa teñen recollido cereais. Desta volta ímonos centrar en alimentos non perecedeiros saúdables para os almorzos coma leite, cacao, café, marmeladas e galletas para completar e dar mellor servizo. Estes pequenos xestos axudan e moito a vida destas familias, e fan que os nosos fillos sexan máis conscientes do que sucede ao seu redor.

Do martes 2 ao xoves 4 teremos na entrada dos dous edificios unhas caixas nas que depositar a comida.

Graciñas pola vosa colaboración.

 

 O equipo de biblioteca ao que pertenzo como especialista desta lagoa, mandou hoxe ás vosas casas ista nota para poder entre todos os integrantes da comunidade escolar, alumnos/as, mestres/as, persoal non docente e familias axudar aos que máis o precisan. Espero que poidades colaborar.

 

Bicos mollados

Rosalía

martes, 26 de xaneiro de 2021

Quecendo motores

 ¡¡Bo día!!

Xa queda moi pouquiño para a celebración no centro do Día Escolar da Non violencia e a Paz, que maila ser o 30 de xaneiro, coma este ano coincide en sábado, ímolo celebrar o venres 29.

Xa fixeron nas aulas pombas de cores para fabricar entre todos/as un arco da vella que este ano máis ca nunca ten un significado engadido, o de resistir e encarar esta nova normalidade cun sorriso. As nosas pombas espállanse polo centro adiante e levan eses bos desexos.

Na biblioteca temos o expositor cunha mostra de libros que fan referencia a estes temas e que poden facer que pensemos un pouquiño nos demais.

Este ano imos usar a canción “Eu teño alguén” de María Fumaça para aledar os nosos corazóns e coma no vídeo vemos como signan o que se canta, é unha boa maneira de aprender a comunicarnos cos demais noutra linguaxe.

Déixovos unas fotos para que vexades o traballado ata o de agora e prometemos uns vídeos fantásticos cos que desfrutar de todas as caras e traballos.






 

Bicos mollados

Rosalía

venres, 22 de xaneiro de 2021

¡¡Queremos vídeos!!

Proximamente imos celebrar o Día da PAZ e crearemos un vídeo no que a robótica xoga un papel importante.

Se queredes participar na creación do Vídeo da Paz enviade fotografías ou curtos a iste enderezo electrónico: ceipalombamusica@gmail.com

Podedes sacar fotografías cos vosos robots, cos drons, coas impresoras 3D, con helicópteros eléctricos...

Graciñas pola vosa partitipación.

Bicos mollados

Rosalía

domingo, 17 de xaneiro de 2021

Máis Robótica

 Aquí a Profe Elena recopilou e montou máis fotos e videos sobre a robótica no colexio. Déixovolo para que o vexades.

Robótica na Lomba (premede aquí)

Bicos Mollados.

Rosalía.

xoves, 14 de xaneiro de 2021

CHEGARON OS REIS MAGOS

 Olaaaaa!!! Xa estades de volta no colexio. ¡¡¡FELIZ ANO!!!

Como me presta escoitarvos e vervos de novo, estivo a cousa un pouco aburrida sen vós, pero só un chisquiño, que coa de libros que hai na biblioteca leo un montón.


Pois como vos dicía, os Reis Magos viñeron polo colexio e deixaron agasallos que a rapazada de 4 anos A da Lomba axudou a abrir. ¡¡que bonitos os libros!! Non me canso de escribirlles pedindo máis. Moi pronto estarán xa nos andeis para poder lelos.

 


Bicos mollados.


Rosalía