Mi madriña!!! Non dabamos feito, esta biblioteca ten moita sorte, está moi, pero que moi viva.
¿A que non acertades co número do alumnado Voluntario? Seguro que non, 31 axudantes da nosa Lagoa, dise pronto. Haber hai máis, pero que axudaron moito menos e non chegaron aos requisitos mínimos que se pide neste programa. Non por iso son menos importantes, pero non levan o recoñecemento pleno.
¿E o número dos integrantes dos clubs de lectura? Aí si que non ides acertar nin de broma... ¡¡89!! si, lestes ben, oitenta e nove. Estamos contando so ás persoas, porque moita desta xentiña, está en no de narrativa, pero tamén no de manga / banda deseñada. Para que digan que a infancia non le, se cadra noutros centros non, pero aquí dende logo que SI.
Vou poñer unhas fotiños dos días das entregas, non está todo o mundo, xa se sabe, con estes cambios de temperatura houbo bastantes gripes e non saen na foto, pero levar levaron os seus diplomas e pequenos agasallos cos que dende a biblioteca queremos devolver dalgún xeito o cariño que nos dan eles e elas participando nas nosas actividades. Ademais como coincidía cunha nova representación da obra de teatro "Mamasiña, que medo" os actores e actrices tiveron que marchar escopetados unha vez lles din o diploma, é o que ten ser artistas!!
Un pracer ter contado con tanto alumnado implicado.
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario