¡¡¡ Mi madriña o que tal traballaron nesta aula!!!
Esta cativada estivo traballando o esquema corporal, como é o nosos corpo, que partes o forman, as partes das cara e as extremidades. Como estamos no outono, tamén aprenderon que cousas atopamos na natureza, as castañas, sementes, follas caídas das árbores, pauciños... e con todo iso xunto, fabricaron os seus bonecos de outono.
Moito traballo, ¿a que si? Pois iso non foi todo, no seu "laboratorio creativo" e coa axuda das mestras, cadaquén elixiu como facer que os seus bonecos cobraran vida. Cantando a canción "Aí vai unha" montaron o vídeo tan chulo que vos poñemos aquí, ¡como presta velos e escoitalos!😍
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario