Bo día!!!
Hoxe quero ensinarvos unha preciosidade que argallaron dende a aula de 4ºB. O curso pasado escoitaran falar dunha iniciativa que é ter un banco no patio do colexio onde, as persoas que por calquera motivo estean soas, poden sentarse e quen as vexa alí saberá que están a buscar alguén con quen xogar. Así que se puxeran mans á obra e pintaran o banco que está pegado ao colexio. Claro, chegaran as vacacións de verán e parecía que xa estaba todo feito, pero non. Co comezo do novo curso, fixeron cartaces e foron polas aulas do colexio explicando o seu funcionamento deixando un cartaz en cada aula para lembralo.
Tamén conseguiron que se pegara o nome do banco e parte dos cartaces. Aquí quedan as fotos e máis un audio para que quen aínda teña dúbidas do seu funcionamento, o poida escoitar de primeira man, ou mellor dito, de primeira orella😂😂
Bicos mollados
Rosalía🌈🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario