Hoxe parte do voluntariado da Lagoa, os que queren ir ao centro de día dos maiores no Bosque dos Desamparados, estiveron ensaiando as panxoliñas que van tocar e cantar mañá. Si, escoitastes ben, mañá, martes 19 de decembro, volveremos ao centro para facer unha visita polo Nadal. Teredes máis novas nosas.
E o expositor, como non podía ser doutro xeito, está coas lecturas de Nadal, a metade delas xa polas casas do alumnado.
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario