Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca creativa 25-26. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca creativa 25-26. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de decembro de 2025

Canta enerxía hai nos cítricos

 Olaa,

Desta volta, parte do alumnado de infantil do edificio da Lomba estivo experimentando e aprendendo que ademais de ter moita vitamina C, os cítricos teñen moita enerxía e son capaces de prender lámpadas e todo. ¿Como vos quedades?

 





Non hai nada máis chulo que aprender experimentando e comprobando o que nos din, así aprendemos máis e durante máis tempo. E como auténticos profesionais, ata un polímetro empregaron na comprobación.


Bicos mollados.

Rosalía
 

sábado, 22 de novembro de 2025

Día da Música

 Ola 🎵🎶🎻🎼🎺🎹🎸🎷

Hoxe é Santa Cecilia, patroa da Música. Parte do alumnado de Infantil do edificio da Lomba estivo a traballar coas placas Makey makey e comprobaron como con froita e vexetais tamén se pode facer música.

Coas súas partituras, leron e tocaron unha sinxela canción, pero que soa moi ben. Decidiron agasallar dalgún xeito á profe Sandra para que desfrutara do seu día, musicalmente falando, e pediron que se vise este vídeo.

¿A que da xenio ver  estes artistas? 

Que a música nos acompañe hoxe e tódolos días da nosa vida.

Bicos mollados.

Rosalía🎶🎵 

xoves, 6 de novembro de 2025

Recreos superactivos

 Olaaaa,

Nos recreos estamos a ter a biblioteca chea de alumnado. É certo que non poder baixar ao patio tamén axuda, pero aínda así, hai xogos que lles encantan.

¡¡¡ Mirade se hai ou non hai creatividade nesta biblioteca !!!

 










Bicos mollados.

Rosalía 

martes, 14 de outubro de 2025

Traballiño coas pezas do Kapla

 Ola,

Recreo tras recreo o tempo da para bastante, senón que llo digan a estas rapazas que montaron esta preciosa estrutura coas pezas do Kapla. Isto é ter paciencia e constancia, ademais de sorte de que non viñera alguén despistado e querendo coller un libro, lles desmontara o beo.

Bicos mollados.

Rosalía