venres, 28 de novembro de 2025

Explicando o 25N

Ola,

Dende o equipo de igualdade organizaron distintas actividades para conmemorar o 25N.

Nas aulas enchemos bolboretas moradas con mensaxes de "Bo trato" e as puxemos no taboleiro da entrada, colgando polos corredores e na verxa da entrada, para que se puideran ler e reflexionar sobre as mensaxes.




 

Parte do alumnado de 5º preparou unas pequenas charlas para lle explicar ao resto do alumnado o porque do 25N, o porque da cor morada, porque as bolboretas, os obxectivos a traballar...

Foron polas distintas aulas de primaria e non so o explicaron ben, atenderon ás preguntas e mesmo fixeron unha presentación dixital para que se entendera mellor o que contaban. Ao rematar, mesmo lles preguntaron por ver se prestaran atención, porque é un tema non que non nos debemos despistar nin un segundo.







 Presentación 25N aula 5ºB

 Nas aulas de infantil, leron un conto sobre a igualdade: "Artur e Clementina"

 

E coma sempre, os expositores da biblioteca están cheos de posibilidades de lectura sobre este tema e os das distintas conmemoracións.

 


Bicos mollados.

Rosalía 

sábado, 22 de novembro de 2025

Día da Música

 Ola 🎵🎶🎻🎼🎺🎹🎸🎷

Hoxe é Santa Cecilia, patroa da Música. Parte do alumnado de Infantil do edificio da Lomba estivo a traballar coas placas Makey makey e comprobaron como con froita e vexetais tamén se pode facer música.

Coas súas partituras, leron e tocaron unha sinxela canción, pero que soa moi ben. Decidiron agasallar dalgún xeito á profe Sandra para que desfrutara do seu día, musicalmente falando, e pediron que se vise este vídeo.

¿A que da xenio ver  estes artistas? 

Que a música nos acompañe hoxe e tódolos días da nosa vida.

Bicos mollados.

Rosalía🎶🎵 

venres, 21 de novembro de 2025

Rachando co guión

Ola,

 Hoxe actuou no noso centro A Xanela do maxín para o alumnado de 4º dos dous edificios. A dicir verdade, non so foron os da Xanela, 10 alumnos e alumnas tamén formaron parte do espectáculo. É unha obra ofertada para medrar en igualdade.




Nesta obra, os monicreques tiñan pequenos diálogos, que protagonizaban distintos personaxes de dúas familias. A raíz destes diálogos, abríase a quenda de preguntas, sobre o que nos parecía o que dixeran, se estabamos de acordo, se non, por que... E a verdade é que fixo que pensaramos e nos decatáramos dunha serie de patróns de conduta, que as veces están aí, no subconsciente e que pouco a pouco hai que cambiar. E falo por min, que non son máis que unha ra, porque a maioría do alumnado xa ten as cousas moi claras. 

Deíxovos as actuacións tan marabillosas que tivemos.

 





Bicos mollados.

Rosalía 


xoves, 6 de novembro de 2025

Recreos superactivos

 Olaaaa,

Nos recreos estamos a ter a biblioteca chea de alumnado. É certo que non poder baixar ao patio tamén axuda, pero aínda así, hai xogos que lles encantan.

¡¡¡ Mirade se hai ou non hai creatividade nesta biblioteca !!!

 










Bicos mollados.

Rosalía