Olaaaa,
Os grupos van funcionando que da xenio. O único problema é que non sempre nos lembramos de facer fotos. No Anexo temos dous grupos que leva a profe Patricia: un con "Invisible" de Eloy Moreno e outro con "Cuando brillan las estrellas" de Victoria Jamieson, Omar Mohamed
Na Lomba xa se reuniron os do grupo da outra profe Patricia e están a ler "Anna Kadabra: O club da lúa chea" de Mañas Romero Pedro, onde ademais comeron unhas galletas riquísimas que lles achegou a profe, e outros tres grupos que leva a profe Mariel "Idol" de Alba Chan, Ene, que estiveron no noso centro o curso pasado, "Eu tamén fun pequena" de Concha Blanco e "Dona problemas" de O Hematocrítico.
Quedan aínda grupos por comezar, é que non damos abasto, pero tranquilidade todo o mundo, que habemos de ler. Déixovos unhas fotiños dos días que si que nos lembramos de facelas.
Bicos mollados.
Rosalía


.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario