Olaaa, hoxe estou moi contenta porque é o día das Bibliotecas.
O 24 de outubro de 1997 celebrouse por 1º vez o Día das Bibliotecas algo que impulsou a Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, e á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
O blog da Asesoría de bibliotecas escolares galegas danos esta información:
O lema deste ano, "Por un futuro sostible",
pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as
tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias,
especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios,
as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor
informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da
necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas
xeracións futuras.
Porque as bibliotecas escolares galegas somos unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa
ofrecemos recursos, información e apoio, somos lugares que contribúen á
formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida.
E na lagoa, para celebralo, o voluntariado foi polas aulas da Lomba repartíndoas e explicando o seu funcionamento, despois de teren revisado que todo estivese correcto, que tiñan o listado, as instrucións, o caderno viaxeiro e os diferentes libros, xogos e Dvds.
Fixérono moi ben, houbo quen foi so e outros que preferiron ir acompañados, hai para todos os gustos.
O importante é que empecen a súa andaina polas casas do noso alumnado de primaria.
Mágoa que non poidamos escoitar moito o ben que explicaron o funcionamento destas mochilas, con voluntarias así da xenio estar na Lagoa😍
No edificio do Anexo, comezarán a súa andaina co Magosto, coma os trompos: "Polo San Martiño, trompos ao camiño" pero desta volta será "Polo San Martiño, mochilas ao camiño!"
Bicos mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario