venres, 6 de outubro de 2023

Imos á praia Compostela

 Si, si, escoitastes ben, imos á praia Compostela, pero non a nos bañar, que non digo eu que non apetecería, senón a mellorar e limpar a praia. O alumnado de 3º, 4º e 6º do edificio da Lomba, foi esta mañá ata o areal dentro dunha actividade coordinada con  ADEGA  e o Concello para concienciar sobre como nos gustaría ver a praia e como a atopamos, para limpala e despois contar nas casas o que atopamos. Despois de saír do centro, ao chegar á praia da Cocha, estaba esperando por nós persoal do concello para nos dar bolsas do lixo, luvas de plástico e uns chaleques para que se nos vise ben e poder empregalos noutras actividades "Polo medio"

Percorremos a area xusto na mallante, o medio e o bordo do paseo para non deixar atrás ningunha porquería. Recollemos plásticos, algún resto de rede, tapóns, papeis e sobre todo, con moita diferencia, cabichas. ¡¡ocupar non ocupan moito, pero contaminan moito e é unha cochinada!! 

Tamén tivemos entrevistas por parte da radio e dende a prensa non paraban de nos fotografar. Así é que saímos nos medios. Limpeza praias

E como non podía ser doutro xeito, tralo traballo, a repoñer forzas no parque dos pinos comendo as nosas merendas, sen deixar que quedara nada manchando o chan nin as mesas, que xa sabemos o que contamina.

De regreso ao colexio, houbo quen fixo algunha parada "técnica" nalgún dos parques, non todo vai ser traballar.

Estou moi contenta de todo o que limparon, porque é unha boa causa deixar o noso entorno limpo, e á vez triste, porque se a xente non manchara e emporcallara todo, non teriamos que ir limpar o que outros manchan.

Mirade que vídeo máis chulo, a ver se vos atopades nel.


 

Bicos mollados.

Rosalía

Ningún comentario:

Publicar un comentario