martes, 4 de xuño de 2024

PDI 2ºA e 2ºB

 

Os rapaces e rapazas de 2ºA e 2ºB realizamos diferentes actividades vinculadas co PDI Son Ría durante todo o curso. Ademais de traballar a temática directamente a través do proxecto competencial, tamén se traballou en diferentes momentos nas distintas áreas.
 
As portas das nosas aulas, coa súa batea particular, fóronse transformando ao longo do curso para adaptarse as distintas celebracións (Samaín, Nadal, Entroido…)
 

Nas áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais partimos do máis inmediato a nos e traballamos a nosa localidade, situándoa dentro da ría de Arousa. Coñecemos os lugares máis representativos da nosa Vila, así como a algúns representantes políticos. Visitamos a casa do Concello, onde nos recibiu o alcalde que nos explicou un pouco como funcionaba o noso municipio. 





Tamén visitamos a policía local, o auditorio, a biblioteca, a praza de abastos (onde coñecemos algún produtos do noso mar). 



 
Ademais en ciencias naturais dentro do tema dos animais, fixemos fincapé nos animais máis próximos a nós.
 
Nas linguas traballamos especialmente vocabulario específico, traballos, como as técnicas e instrumentos de marisqueo, especies da Ría ….
 
No Entroido disfrazámonos de mariscadores/as utilizando materiais que tiñan a man. Coa canción "Nadando sen parar" preparamos un baile para a festa do cole.
 


A principios do terceiro trimestre e tras traballalo previamente na aula, fomos mariscar, xunto coas mariscadoras de AmarCarril, que nos deron unha pequena clase, dos tipos de ameixa, como se cultivan, como se collen…, 
 






 

 
Ao longo de todo o curso fixemos un mural con todo o aprendido sobre a nosa Ria, con información como: que é unha Ría, como é a nosa ría, especies marítimas que habitan... facendo un pequeno resumo que pode ser ampliado a través dos códigos QR que engadiron no mural.
Para rematar co proxecto, o día 3 de xuño fixemos unha visita guiada á illa de Cortegada
onde ademais de poñer en práctica o aprendido nas clases, coñecemos un pouco máis da
súa historia e da flora e fauna que habitan nela.





Para rematar co proxecto, o día 3 de xuño fixemos unha visita guiada á illa de Cortegada onde ademais de poñer en práctica o aprendido nas clases, coñecemos un pouco máis da súa historia e da flora e fauna que habitan nela.
 


 

Aprendimos moito e pásmolo moi ben.

luns, 3 de xuño de 2024

As mochilas viaxeiras empezan a retornar

 Ola,

Nalgunhas aulas do anexo hai mochilas que xa remataron a súa andaina e volven á biblioteca. 

Queremos compartir con todos vós algunhas das cousas bonitas que fixeron nos cadernos viaxeiros que acompañan ás mochilas onde contan que foi o que máis lles gustou ou o que non lles gustou. Hai verdadeiros artistas!!!






Bicos mollados.

Rosalía


Andrea Maceiras na Lagoa de Rosalía

 Olaaa, ¿a que dou cobiza?

Pois xa vedes, hoxe tivemos a sorte de que Andrea Maceiras viñese ao colexio para estar con toda a rapazada de 5º do edificio da Lomba. Entre o equipo de Normalización e o da Biblioteca logramos que nos visitara.

Cada clase mercou  un destes títulos "Volverás, Golfiño" e "Conta nove estrelas" da editorial Xerais. No tempo do plan lector estiveron lendo os libros e aínda que algún non rematara de todo a historia, Andrea falou dos libros pero sen desvelar o final, porque xa dicía ela que non hai cousa peor para un escritor que contar o final do conto a quen non o rematou.

 


Teño que vos confesar que estaban un pouco impresionados, que case non se atrevían a falar nin a preguntar, pero pouco a pouco foise rompendo o xeo. Falaron da importancia dun bo título, de porque ela elixiu estes dous en concreto, da importancia dun bo ilustrador e se eles coñecían algún outro libro que ilustrara Victor Rivas. Falaron tamén de Xulio Verne e de os libros e as cousas que a levaran a escribir "Conta nove estrelas", do espazo, de onde estabamos nós na Vía Láctea, do tipo de libros que lles gustaban a eles...

Tamén falaron da localización de "Volverás, Golfiño" da importancia dos faros, dos afundimentos do pasado e do desastre do Prestige que aparece na novela.


Despois de falar un cachiño máis, foi tan riquiña que lle asinou a todo o mundo o seu exemplar e tamén asinou o da biblioteca😍

Para rematar fixemos unha foto de Andrea cos dous quintos e os seus libros asinados. A ver se vos atopades😉

Bicos mollados.

Rosalía
 

domingo, 2 de xuño de 2024

PDI 5 anos A e B Infantil A Lomba

 O alumnado de 5 anos do edificio da Lomba traballou a reo este curso e estes foron os seus produtos:

  1. Mapa da ría de Arousa

As nenas e nenos de 6º de infantil A e B investigamos con ilusión sobre a nosa Ría: a de Arousa.

Buscámola no mapa de Galicia e descubrimos que había máis rías pero que a máis produtiva e rica era a Ría de Arousa pola súa localización, salinidade e temperatura da auga. Achegámonos ao concepto de ría e descubrimos o importante que é tamén o río Ulla.

Localizamos no mapa pobos próximos a Vilagarcía e lugares significativos para todas nós porque alí viven os avós, porque imos de camping no verán, porque hai praias onde recollemos pelets, porque teñen monumentos famosos(torres, castros, prazas…), porque naceron escritores importantes e mil motivos máis. O certo é que foi moito o que gozamos investigando.



  1. Caixa de xogos:

  • Xogo de pesca

Quedounos ben chulo! Logo de descubrir os peixes máis significativos da nosa ría, tivemos que esforzarnos moito picando as imaxes do xurelo, sardiña, robaliza, raia, peixe sapo, etc. Pintamos o caldeiro e preparamos a caña cun imán, que divertido resultou pescar! Sobre todo porque os peixiños estaban quietiños no caldeiro! Un pouco de retranca non ven mal!



  • Xogo de memoria

Puxemos a proba a nosa memoria xogando a emparellar mariscos , a pena foi que non os demos degustado. Noutra ocasión será!


  1. Lendas da Ria de Arousa:

  • O cabaleiro Roldán e a serea Mariña

  • O carballo Comepedras

  • Santa Compaña 

 

                Naufraxio do Santa Isabel 

        A serea de Sálvora (Pictos)

 
Despois de investigar sobre as lendas acordamos ilustrar algunhas, escribilas ao noso xeito e poñerlle
a nosa voz. Esforzámonos moito para gravalo na nosa lingua, que como decimos nós é a lingua de Rosalía. Sorprendémonos gratamente ao ver a montaxe do video e gustounos moito participar da experiencia. Agardamos que vós tamén gocedes ao velas.

sábado, 1 de xuño de 2024

PDI 3ºA e 3ºB

 

Os alumnos/as de terceiro do edificio da Lomba realizaron diferentes actividades relacionadas co PDI Son Ría ó longo deste curso.

Comezaron en setembro participando na XII Limpeza Simultánea de Praias. Todos xuntos desprazáronse ata a praia de Compostela onde recolleron unha grande cantidade de lixo. Non imaxinades a cantidade de cabichas que recolleron! 





Nas áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais investigaron sobre a súa localidade, prestando atención á ría de Arousa e as súas características.Coa información obtida, realizaron un ficheiro de animais vertebrados e invertebrados e diferentes traballos sobre os animais máis significativos. Gracias a Google Maps realizaron un paseo interactivo por toda a nosa ría e as illas que forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

En Lingua en Lengua leron contos, artigos de prensa, lendas, adiviñas e moitos textos máis que lles serviron para aprender moitísimas cousas. Tamén en Matemáticas resolveron problemas, retos, etc con temática mariña.

No Entroio elaboraron os seus propios disfraces de mergulladores utilizando materiais da contorna: botellas, cordas, tubos, etc. Coa canción Rías Baixas style prepararon un divertido baile para a festa da escola.  

Nas últimas semanas de maio,de maneira conxunta , eleboraron maquetas de animais da ría de Arousa con plastilina. Todos os animaliños están expostos no corredor da primeira planta da Lomba.





Finalmente, o 30 de maio, realizaron unha visita guiada á illa de Cortegada onde pasaron un día estupendo e descubrieron os segredos da illa da man da asociación AmarCarril. Para amenizar a excursión prepararon a canción popular : Se vas a Carril.