xoves, 18 de marzo de 2021

Día da Poesía

 Remata o trimestre e aínda que este día coincide en domingo, temos a disposición do alumnado e profesorado unha pequena escolma con libros que nos parecen interesantes.  Queremos que a poesía entre nas nosas aulas, fogares e mentes, pois poesía son os cantos, os arrolos que nos colos da nosa familia, achegan aos máis cativos a isa cadencia, isas vivencias, eses saberes. A rima fai máis doado aprender algo, e move algo dentro de nós, non o perdamos de vista, pois o que emociona, lémbrase mellor.


Bicos mollados.

Rosalía

Ningún comentario:

Publicar un comentario