Chegou o Nadal, as vacacións, o tempo libre, o tempo de escribir cartas pedindo agasallos (sempre que vos teñades portado ben, que seguro que si) e, como non, de incluir nesas cartas libros. Puxen uns títulos con novidades, algunhas recén saídas do forno, que neste tempo de frío veñen moi ben. Tamén podedes poñer na vosa carta libros para os vosos pais e nais, que desta volta tamén me acordei deles.
Pero por favor, que ninguén se esqueza de seguir usando as mascarillas, e de ter moito coidado, e lavar moi ben as mans... todo iso no que dende a casa xa vos din e que dende o colexio os profesores e profesoras están a vos lembrar de seguido: "Estades moi xuntas" Vai ser un Nadal diferente ao que estabamos acostumados/as pero non por iso ten que ser malo, gardaremos os bicos e os achuchóns para cando se poida e daquela... a ver quen nos despega!!!
Vémonos á volta, en xaneiro, e aínda que levades todos nas mochilas estas recomendacións, por se alguén as extravía polo camiño, déixovolas tamén aquí.
¡¡FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANINOVO!!
Bicos Mollados.
Rosalía
Ningún comentario:
Publicar un comentario